Bos días!! como vai ese desconfinamento??
Estes días traballaremos sobre China. Como non vos podo contar cousiñas ni contiños para que coñezades un pouco mellor este país e á súa xente, preparei unha infografía. Podedes vela toda xunta, pero a miña proposta é ver cada día unha ou dúas páxinas de información e facer un traballiño sobre dita información.
Se clicades na seguinte imaxe accederedes a un traballiño descargable , que consiste en repasar as letriñas da bandeira (os peques saben que na aula facemos primeiro a lapis e despois repasamos con rotus de cores) e colorear a bandeira coma na infografía, así coma as decoracións características que aparecen ó redor da mesma. Se queredes ampliar, podedes poñerlle os nomes ó xarrón, á teteira, ó dragón Muxu de Mulán, e ó neno chinés.
QUE VOS PARECE TRABALLAR HOXE SOBRE A SEGUNDA PÁXINA CHAMADA "MAPA"?
Detalleivos 5 localizacións que me pareceron importantes , clicade en cada unha delas para ver máis información. O vídeo á carón do título cóntavos de forma lúdica cousiñas sobre este país. O globo terráqueo levaravos a google earth para coñecer exactamente a súa ubicación. E na bandeira poderedes escoitar o seu himno nacional.
Se clicades na seguinte imaxe accederedes a un traballiño descargable , que consiste en repasar as letriñas da bandeira (os peques saben que na aula facemos primeiro a lapis e despois repasamos con rotus de cores) e colorear a bandeira coma na infografía, así coma as decoracións características que aparecen ó redor da mesma. Se queredes ampliar, podedes poñerlle os nomes ó xarrón, á teteira, ó dragón Muxu de Mulán, e ó neno chinés.
Cantas estrelas hai na bandeira?? Moi ben 5!! un traballiño agora para xogar cos números?
Podedes coller (por exemplo na táboa do 5) 5 boliñas e ir poñendo 1 enriba do 1, cantas me sobran? 4 moi ben, pois colocámolas no outro lado e escribimos o número. E así con todos.
AGARDO QUE VOS GUSTE!!BIQUIÑOS!
HOMENAXEAMOS A NOSA FALA. Popóñovos adiviñas en galego:
- Unha señorita moi enseñoritada, chea de remendos sen unha puntada.
(A galiña)
- Cucurico non ten ollos, cu nin bico, e os fillos de cucurico teñen ollos, cu e bico.
(O ovo e o pitiño)
- Anda e non ten pés; come, e non ten boca, e toda a comida lle parece pouca.
(O muíño)
- Unha cousa para quen sempre chove e sempre está mollada.
(A lingua)
- Unha cousa que coa súa risada perdeu a súa anada.
(O ourizo da castaña)
- Dez señoritos de par en par pasan o río sen se mollar.
(Os dez fungueiros do carro)
- Dous bois brancos nunha corte de ferro metidos.
(Os ovos na tixola)
- Ten un dente e tira pola xente.
(A campá)
Agardo que vos gusten
Agora que xa coñecedes algo máis sobre Carvalho Calero, aquí vos deixamos o conto As pitas baixo a choiva para que o coñezades pero...estade atentas/os! Que despois vén algunha pregunta!
Etiquetas:
EDUCACIÓN INFANTIL,
LETRAS GALEGAS
CHEGAMOS A ASIA!
PINCHA NOS ELEMENTOS INTERACTIVOS PARA VER AS AVENTURAS QUE NOS DEPARARÁ ESTA VIAXE POR ASIA.
PRIMEIRA PARADA... A INDIA
ESTE PROXECTO PRESENTÓUNOLO PAULO, QUE INCLUSO NOS TROUXO ESPECIAS PARA ULIR. RECORDADES QUE COPIAMOS A TATUAXE QUE LLE FIXERA A SÚA IRMÁ E REMATAMOS TODOS COS BRAZOS PINTADOS? QUE BEN O PASAMOS!!
![]() |
| Clicade para ver un contiño sobre a Índia Recordades cando falamos do TAJ MAHAL? |
Ola a tod@s!!
Grazas a Martín e a súa mamá descubrimos esta xenial aplicación para aprender MECANOGRAFÍA na páxina de "Typing club".
Que é iso de mecanografía? Pois aprender a escribir co teclado do noso ordenador!
Pero, ollo!Coa mecanografía non só estás facendo iso: tamén estás repasando as letras, traballando a concentración (hai que estar moi atendo para saber que tecla pulsar), a coordinación óculo-manual (que ven os teus ollos e que fan as túas mans), a psicomotricidade fina (a mobilidade nos dedos, tan importante para a futura escritura!) e ademais...pásalo ben!! É super completo! Iso si, está en minúsculas así que so é apto para os máis valentes de 4 e 5 anos! Estades preparad@s? Pois a teclear!
Moitísimas grazas Inés!
HOLA A TODOS!!!!!!!
HELLO HELLO HELLO!!!!!!!!!!!!
OS MANDO OTRO VÍDEO DE UN CUENTO QUE OS HICE PARA ESTA SEMANA.
ESPERO QUE OS GUSTE!
https://www.youtube.com/watch?v=_jrzYXDSVfA
ME ACUERDO MUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUUCHO DE VOSOTROS Y OS ECHO A TOOOOODDDOOOOS MUUUCHOOOOO DE MENOS.
ME ENCANTÓ LOS VÍDEOS QUE VI DE ALGUNOS DE VOSOTROS CONTESTANDO LAS PREGUNTAS.....QUE BIEN LO HACEÍS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
UN ABRAZO ENORME,
LOTS OF HUGS AND KISSES
MAEVE
Etiquetas:
3 anos,
4 anos,
5 ANOS,
EDUCACIÓN INFANTIL,
INGLÉS
Bo día a tod@s! Esta semana que comeza é a "Semana das Letras Galegas" xa que o vindeiro domingo é o 17 de maio. Así que para ir quecendo motores traémosvos este xogo sobre Ricardo Carvalho Calero, o homenaxeado este ano! Esperamos que vos guste!!
e
E se tedes ganas de máis, ou queredes compartir con outros nen@s, tamén vos deixamos este por aquí, máis complexo e para o que necesitaredes axuda da vosa familia, pero...quen dixo medo??
Etiquetas:
EDUCACIÓN INFANTIL,
LETRAS GALEGAS
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

