twitter
rss

Bos días:
Lembrádesvos do conto que nos propuxo a profe Alba sobre o punto o 15 de abril ("Día Mundial da Arte"?. Seguro que si. Eu vouvos propoñer outro conto.
É un conto moi especial. Trátase de "Pequeño azul y pequeño amarillo" escrito polo gran Leo Lionni e editado por Kalandraka. Narra a orixinal historia de dous amigos (pequeno azul e pequeno amarelo), que ao darse un gran abrazo cambian a ser de cor verde.             
Con este conto pódese traballar a mezcla de cores e o valor da amizade. 

Pequeño azul y pequeño amarillo

Outra versión animada: 

Pequeño azul y pequeño amarillo


Despois de escoitar o conto podedes falar sobre él e falar dos personaxes, da importancia dos amigos, das cores..., de todo o que vos vaia xurdindo e logo se vos apetece podedes facer unha actividade de plástica. Primeiro preguntádeslle aos nenos que pasou cando os dous amigos se abrazaron moi forte e logo que pasaría co resto das cores se fixeran o mesmo. E logo mans a obra: colledes ceras, lápices de cores, témperas..., o que teñades na casa e que experimenten  libremente haber que sae. Seguro que quedan auténticas obras de arte. Despois poden incluso facer un debuxo encima para que a mezcla de cores sexa a base.  

Espero que vos guste e desfrutedes un montón. Saúdos e bicos


2 comentarios:

  1. Encantounos profe! Diego Piñeiro

  1. Gracias profe! Gustounos moito! MATEO

Publicar un comentario