Ola de novo a tod@s!
Hoxe gustaríame partillar con vosco unha entrada moi especial. Quero presentarvos un traballo que tiña pensando facer na aula, pero estaba esperando a que traballasemos a vía láctea... Como non sabemos cando poderá ser iso, aquí volo deixo para que o poidades facer en casa.
Como moitos de vós xa sabredes, hai unhas semanas tivemos no cole un planetario! Alí puidemos aprender cousiñas sobre as estrelas e o universo. Por se hai algún despistado deixo aquí este capítulo de Zamba sobre as estrelas (se navegades algo por Youtube podedes ver outros capítulos desta serie moi interesantes!).
Pero o que nos interesa hoxe máis que as estrelas son as CONSTELACIÓNS. Así que unha vez visto este pequeno vídeo sobre as mesmas, anímovos a que interactuedes con esta presentación que fixen:
Xa sabedes cal é o voso signo do zodíaco? E o dos vosos amig@s? Ben! Pois estades listos para facer o traballiño. Para descargalo facede clic aquí. Buscade a vosa constelación e imprimide ou debuxade nunha cartolina, cartón...algo que sexa un pouco duro.
Neste vídeo cóntovos o que hai que facer! ⇓
Neste vídeo cóntovos o que hai que facer! ⇓
E por se queredes dar renda solta á vosa imaxiación... aquí tedes un ceo estrelado. Probade a unir estrelas ao chou, buscar formas e poñedelle nome! Serán as vosas propias constelacións!
Que sexades felices!
4 de abril de 2020, 17:20
Unha actividade xenial, profe Alba!!!