Bo día a tod@s! Como seguro que xa sabedes, hoxe é o día do libro! Así que traemos dúas sorpresas!
A primeira é este vídeo que fixemos para conmemorar este día que sempre ten gran importancia no cole.
E por outra banda...un RETO. Quen sabe moito sobre contos? Podedes demostrárnolo xogando con esta proposta. Lede moi atent@s as indicacións que fixeron as profes que, dito sexa de paso, empézaselles a ir un pouco a cabeza!
Intentade resolver todos os xogos e cando teñades as respostas mandádeas nun correo-e a vedrainfantil@gmail.com e enviarémosche un diploma! Non fai falta que as adiviñes todas e podes axudarte da túa familia, busccando na rede... do que se che ocorra!
MOITA SORTE E A XOGAR!
23 de abril de 2020, 10:17
Buenos días, al hacer clic en el enlace me dice que se necesita permiso para acceder al contenido.¿Puedes solucionarlo? Muchas gracias