Bos días: esperando que todos esteades ben, déixovos outra suxerencia para que vos xexa mais levadeira esta situación. Trátase de facer papiroflexia.
A papiroflexia ( tamén chamada Origami que significa literalmente "dobrar papel"), é a arte de dobrar e desdobrar un papel coa axuda das mans ata formar unha figura, é dicir, o conxunto de técnicas coas que se fan figuriñas de papel a través de dobreces, sen utilizar pegamento.
Ten moitísimos beneficios para os máis pequenos e non tan pequenos, e hai distintos niveis de dificultade. Por exemplo:
- Desenvolve a imaxinación.
- Desenvolve a destreza manual e a coordinación oculo-manual, xa que é preciso dobrar o papel con precisión e detalle.
- Traballa a paciencia pois non sempre sae ben á primeira.
- Mellora a memoria, a atención e a concentración, xa que hai que recordar as dobreces feitas.
A continuación tedes uns enlaces a vídeos con algunhas propostas:
Espero vos sexa útil e desfrutedes moito con estas actividades. Bicos a montón, Merchi
15 de abril de 2020, 16:14
hola!! entendo que esta actividade é para os nenos de 3 anos porque o asina a profe Merchi, pero poderiades indicalo sempre nas actividades, poñer 3 anos, xq senon e algo complicado saber cales son as suas tarefas.
grazas.