O último día de cole sempre é un día cheo de emocións: as profes estamos contentas porque chega o merecido descanso para os peques e para nós, pero tamén nos poñemos tristes porque imos botar moito tempo sen ver "aos nosos nen@s" e, no final da etapa, "perdémolos" para "sempre". Non sei ás demais pero eu, cando os vexo marchar, non podo evitar chorar por todo o que vivimos e aprendemos xunt@s. Eles case sempre me miran extrañados, supoño que non entenden que é o que me pasa, e entón rio. Rir e chorar todo xunto, hai algo máis fermoso que iso?
Pero a vida é así, unha montón de chegadas e partidas que temos que ir asumindo, aínda que nunca te acostumes ás despedidas. Aquí vai este "pequeno" resumo (si é que tres anos de vivencias se poden resumir en media hora) a modo de despedida. Espero que lles guste e que lles lembre cousas que quizais xa nin tiñan no miolo!
20 de xuño de 2020, 16:33
Grazas por todo profe, un video super bonito. Vega