twitter
rss

O último día de cole sempre é un día cheo de emocións: as profes estamos contentas porque chega o merecido descanso para os peques e para nós, pero tamén nos poñemos tristes porque imos botar moito tempo sen ver "aos nosos nen@s" e, no final da etapa, "perdémolos" para "sempre". Non sei ás demais pero eu, cando os vexo marchar, non podo evitar chorar por todo o que vivimos e aprendemos xunt@s. Eles case sempre me miran extrañados, supoño que non entenden que é o que me pasa, e entón rio. Rir e chorar todo xunto, hai algo máis fermoso que iso?

Pero a vida é así, unha montón de chegadas e partidas que temos que ir asumindo, aínda que nunca te acostumes ás despedidas. Aquí vai este "pequeno" resumo (si é que tres anos de vivencias se poden resumir en media hora) a modo de despedida. Espero que lles guste e que lles lembre cousas que quizais xa nin tiñan no miolo!

Unha aperta moi, moi grande para tod@s, peques e familias. Moitísimas grazas por todo!


4 comentarios:

  1. Grazas por todo profe, un video super bonito. Vega

  1. Moitas grazas Vega! Espero que che traia moitos recordos desta etapa! Un bicazo!!

  1. PARABÉNS para os nen@s de 5 anos e para a súa Profe Alba por ter traballado e aprendido tantas cousas nestes 3 últimos anos! Chic@s, esperámosvos no cole en setembro para ir a primaria, que maiores sodes!!! Profe Alba, un vídeo cheo de momentos e recordos marabillosos!! Feliz verán para tod@s e unha aperta moi forte! Profe María!

  1. Felicidades polo voso esforzo peques e profes. Unhas campeoas e campeóns!!BRAVO!!Profe Espe.

Publicar un comentario