Bo día a tod@s!
Hoxe quérovos ensinar un vídeo que estiven elaborando durante as vacacións!
Seguro que moitas das vosas familias xa saben que durante o segundo trimestre estivemos elaborando na aula unha CAIXA LUAR na que observamos as distintas fases da lúa. A miña idea era facer un vídeo titorial onde vós, as nenas e nenos, forades explicando como se fai, pero como polo de agora non vai poder ser, fixen este video cun toque de humor. Espero que vos guste e vos faga ilusión vervos.
Agora que tod@s sabemos como se fai... que vos parece facer unha na casa? Podedes cambiar os maeteriais se non tedes (por exemplo, unha bola de papel aluminio igual vai ben para a lúa...). O importante é que a caixa sexa escura por dentro e a lanterna teña algo de potencia.

Bótovos moito de menos!
14 de abril de 2020, 11:47
como molou! Sofía