twitter
rss

Bo día a tod@s!
Hoxe quérovos ensinar un vídeo que estiven elaborando durante as vacacións! 
Seguro que moitas das vosas familias xa saben que durante o segundo trimestre estivemos elaborando na aula unha CAIXA LUAR na que observamos as distintas fases da lúa. A miña idea era facer un vídeo titorial onde vós,  as nenas e nenos, forades explicando como se fai, pero como polo de agora non vai poder ser, fixen este video cun toque de humor. Espero que vos guste e vos faga ilusión vervos. 
Agora que tod@s sabemos como se fai... que vos parece facer unha na casa? Podedes cambiar os maeteriais se non tedes (por exemplo, unha bola de papel aluminio igual vai ben para a lúa...). O importante é que a caixa sexa escura por dentro e a lanterna teña algo de potencia. 
Bótovos moito de menos!

3 comentarios:

  1. como molou! Sofía

  1. Que chulada profe!!

  1. Grazas chicas!! Que pena que non sexades vós as que explicades como se fai! Un bico!!

Publicar un comentario